PAIXÓN POLOS CLUBS DE LECTURA



O pracer de ler nos clubs de lectura non deixa de crecer no noso centro. Aos clubs de Secundaria e sexto de Primaria únese o club "Sonos de papel" de terceiro de Primaria.


CON FINA CASALDERREY

Epecialmente entrañable o encontro que mantivo o Club de Lectura con Fina Casalderrey. Falounos dos seus primeiros pasos como escritora, contounos anéctodas da súa infancia e da vida nunha aldea humilde. E sobre todo transmitiunos o valor e a forza das palabras e animounos a seguir compartido a paixón polos libros.


ROTEIRO DE RAMÓN CABANILLAS

Acompañados polos poemas de Ramón Cabanillas fixemos un percorrido pola súa vida e obra ó tempo que visitamos os lugares ós que el fai unha referencia máis directa.

A GALIÑA AZUL

Os membros do Club de Lectura escenificaron a obra de Carlos Casares "A galiña azul" aos rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria. Unha galiña azul que canta cacaracá cando todas cantan cocorocó. Unha obra que fomenta o respecto das linguas minorizads, a solidariedade e o aprecio do distinto.

ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA NA RADIO ESCOLAR

Unha nutrida representación do club de lectura de terceiro de ESO estivo na radio escolar para falar das actividades que teñen previsto realizar.



Xa están aquí os booktubers de Mosteiro Meis

Dende o Club de Lectura presentámosvos orgullosos aos nosos primeiros booktubers: Estaban, Xoán e Nuria, que nos falan do libro "Dragal. A herdanza do dragón", que acaban de rematar de ler no club.

Apuntádevos e convertídevos nos próximos booktubers de Mosteiro Meis.



Se aínda non sabes que é o fenómeno booktuber preme aquí.